O Bloque Nacionalista Galego presentará, no vindeiro pleno municipal, unha iniciativa para recuperar a Sala Iago.
Pechado desde 2007
Este espazo, aberto no ano 1946 e reformado a finais do século pasado, converteuse nun dos principais focos culturais da cidade até o seu peche no ano 2007. Agora, o BNG pide recuperar a emblemática sala de espectáculos e volver enchela dunha ampla programación para tódolos públicos.
O Concello ten que dar pasos para recuperar o espazo
Outras esixencias do Bloque
Por outra banda, a concelleira nacionalista celebrou o recente anuncio do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre a apertura de 20 novos centros de saúde en todo o país, e asegurou que esta medida débese ás numerosas “mobilizacións sociais” realizadas por unha “poboación farta”. Con todo, considerou imprescindíbel que nesa lista se atope o centro de Conxo, unha “demanda histórica” da cidadanía compostelá.
Asemade, Goretti Sanmartín aproveitou para valorar de xeito positivo as sancións impostas pola Xunta ó complexo ambiental de Miramontes, cuxa actividade contaminante foi denunciada polos veciños e veciñas da parroquia de Grixoa grazas ao respaldo de, entre outras formacións políticas, o BNG.