Home Programas Espazo Aberto Seguimento masivo na folga contra a discriminación laboral na Xustiza

Seguimento masivo na folga contra a discriminación laboral na Xustiza

0

Preto de 2.000 traballadores e traballadoras da administración da Xustiza manifestáronse este xoves en Santiago de Compostela, esixindo á Xunta melloras salariais e de emprego. Galicia conta co complemento salarial máis baixo do Estado, chegando a ser 500 euros inferior ao de Catalunya ou Madrid. Emporiso, o funcionariado denuncia a “discriminación laboral” que padece dentro do sector por mor dunha longa lista de agravios.

A folga, convocada por sete sindicatos galegos, rexistrou un seguimento arredor do 95%, provocando a paralización de boa parte dos xulgados de Galicia. Após mobilizarse noutras cidades, os afectados e afectadas agruparon as súas forzas na capital galega para esixir ante o Parlamento unha mudanza considerábel nas súas condicións laborais.

Esixen a dimisión de Alfonso Rueda: “Nin escoita nin quere escoitar”

Porén, tódolos focos apuntan a unha mesma persoa: o vicepresidente galego e conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, cuxa dimisión pediron as e os manifestantes ao considerar que “nin escoita nin quere escoitar”.

Novas protestas

Os sindicatos ameazan con convocar unha folga indefinida que comezaría o 7 de febreiro se o goberno de Núñez Feijóo non retoma as negociacións.