Hai novidades no proxecto de rehabilitación da Casa das Maquinas, na rúa de Galeras. Así, a Xunta de Goberno deu conta hoxe do convenio asinado coa Deputación da Coruña para o cofinanciamento das obras de rehabilitación da Casa das Máquinas de Galeras.
A actuación custará algo máis de 250.000 euros, dos que 200.000 serán achegados polo organismo provincial e Noriega lembrou lembrou que o Goberno “ten investido 50.000 euros nunha primeira fase da rehabilitación da Casa das Máquinas, que tivo que ser apuntalada ante o risco que sufría de derrubamentos”. O emblemático edificio edificio ficou nun estado de total abandon ata o ano 2017, cando o Concello xa fixera as urxentes intervencións.
Un uso aínda por decidir
Ademais, aínda que o uso que se lle vai a dar no futuro non está decidido, explicou que probablemente unha parte será para un centro cívico para a asociación veciñal de Galeras, que aínda non ten un espazo propio.