Os partidos da oposición organizaron unha nova xornada da comisión alternativa de sobre os recortes da sanidade no Parlamento Galego e esta non deixa de achegar importantes titulares. Esta mañá, as e os traballadores do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago denunciaron dous novos casos de falecemento por falta de atención.
Unha médica do CHUS denunciou o falecemento de dous pacientes no seu servizo polas circunstancias en que se produciron: no corredor do hospital e agardando demasiado tempo antes de ser atendidos.
Así o explicou esta mañá diante das cámaras de Nós Televisión a doutora Fátima Nercellas, a encargada de revelar na comisión organizada pola oposición sobre os recortes sanitarios. A médica de Urxencias do CHUS e Delegada sindical de OMEGA, xa presentou unha denuncia ante a Fiscalía, que xa xa abriu dilixencias informativas penais. Aínda así, explica que tanto o Conselleiro como a Xerencia estaban avisados da situación no hospital, onde ata 29 pacientes foron situados simultaneamente en corredor, pero non recibiu resposta.
A denuncia pública fíxose hoxe na Comisión alternativa de investigación dos recortes e a privatización da Sanidade pública en Galicia durante o goberno de Feijoo. A médica do CHUS, ademais, e outra das voces vetadas por parte do PP para participar na comisión oficial á que finalmente desbotaron participar os tres grupos da oposición