Noriega saúda a proposta de nomear a Intermodal como ‘Daniel Castelao”

O grupo de goberno apoiará a proposta do Bloque para nomear a futura Estación Intermodal como 'Daniel Castelao'

O alcalde, Martiño Noriega, respondeu diante dos medios de comunicación sobre a recente proposta do BNG da cidade de designar a nova intermodal co nome “Daniel Castelao”. “Por nós non haberá ningún problema” recoñeceu o alcalde da cidade ao tempo que tamén quixo resaltar que a posición do Bloque con todo o relacionado coa futura Estación Intermodal foi “hipercrítica”

O PP semella apoiar a proposta: “Castelao é de todos os galegos”

Nunha recente entrevista, o voceiro do Partido Popular na cidade, Agustín Hernández, tamén saudou a proposta realizada polo BNG local e recoñeceu que “sería ben acollida” polo conxunto de grupos xa que, tal e como resaltou, Castelao pertence “a todos os galegos”

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego