Así é Redeiras, o proxecto piloto para prever a soidade non desexada na Coruña

A concellería de Xustiza Social e coidados do concello da Coruña impulsa o programa Redeiras. Un programa que pretende crear comunidade para evitar situacións de soidade non desexada que viven máis habitualmente as persoas maiores

Comercios locais, farmacias, asociacións veciñais ou outros lugares onde acudan con asiduidade estas persoas maiores contarán cun adhesivo distintivo do programa Redeiras. O obxectivo é, en palabras da concelleira Silvia Cameán, “crear comunidade e ter man das persoas que sofren unha soidade non desexada”.

De este xeito, os integrantes da rede alertarán por medio do número de teléfono 010 se é que detectan que unha persoa sofre unha situación de soidade non desexada. “Temos que diferenciar as persoas que viven en soidade porque o así o decidiron coas que sofren unha soidade non desexada” destaca a concelleira ante as nosas cámaras.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Nesta rede, os centros cívicos tamén serán os encargados de facer chegar ao concello as devanditas alertas, para que os responsables sopesen que recursos concretos de atención á dependencia pon a disposición dos coidadores.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -