Home Programas Área Compostela Raxoi inicia un expediente contra a empresa adxudicataria dos comedores escolares por non empregar a lingua galega

Raxoi inicia un expediente contra a empresa adxudicataria dos comedores escolares por non empregar a lingua galega

0
Raxoi inicia un expediente contra a empresa adxudicataria dos comedores escolares por non empregar a lingua galega

A empresa adxudicataria dos servizos de comedores escolares dependentes de Compostela, Serunión SL, enfréntase a un expediente por incumprir co requisito de prestar o servizo en lingua galega.

Tras varias denuncias a finais do ano pasado das usuarias e usuarios do servizo, o Concello de Santiago enviou un requirimento en xaneiro e parece ser que, en efecto, houbo unha infracción por parte desta empresa. Este venres, a Xunta de Goberno local acordou o inicio dun expediente por incumprimento de contrato; segundo o cal a empresa estaría obrigada a empregar a lingua galega. A tipificación da sanción será a que determine a multa, que de ser leve sería dun máximo de 3.000 euros.