Home Programas Espazo Aberto As pacientes con risco de cancro de colo de úturo denuncian a falta de protocolos no CHUS

As pacientes con risco de cancro de colo de úturo denuncian a falta de protocolos no CHUS

0
As pacientes con risco de cancro de colo de úturo denuncian a falta de protocolos no CHUS

A Asociación de Usuarios e Pacientes do CHUS denuncia nun comunicade de prensa a falta de protocolos no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela ante os casos de pacientes con risco de cancro de colo de útero. “Comezamos o ano escoitando de boca do máximo responsable político de Galicia uns datos que supoñen melloras na asistencia ao paciente nas listas de espera para intervencións cirúrxicas, nas consultas e nas probas diagnósticas”, apuntan dende o colectivo. Neses mesmos días, coñecíase o caso dunha paciente que tivo que interpoñer unha queixa ante a Valedora do Pobo para conseguir que se atendese “a súa necesidade de atención por estar en risco de desenvolver cancro de colo de útero”.

Pacientes con risco de cancro de colo de útero

A Asociación de Usuarios e Pacientes do CHUS informa que L.S.F. recibiu en setembro de 2019 unha chamada do seu centro de saúde na que lle comunicaban que estaba infectada co virus do papiloma humano e que nun prazo de 15 días recibiría unha chamada dende o CHUS para fixarlle unha consulta e valorar a posible afectación. “Esta chamada non se produciu, nin sequera despois de presentar unha queixa ante Atención ao Paciente”, critican.

“Pola insistencia da súa médica de familia, consegue que a citen para finais de novembro e o 17 de decembro acude novamente recoller os resultados dunha biopsia”. Nesa consulta comunícanlle que debe someterse a unha citoloxía cada 6 meses para controlar a persistencia do virus, pero a cita outórganlla para o 13 de xaneiro de 2021. “Isto implica que, mentres as autoridades sacan peito pretendendo negar a evidencia, no noso hospital non se dispón sequera dun protocolo de prevención do cancro de colo de útero nin se respectan as indicacións dadas polos especialistas en canto aos prazos que permiten vixiar os problemas cun mínimo de seguridade”.

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS considera “inadmisible” que se ignoren os dereitos das pacientes, “que se desoian as indicacións dos especialistas, que se negue unha atención digna, que teñamos que presentar unha queixa para reclamar o que nos corresponde, polo que solicitamos que se dispoñan os medios materiais e humanos necesarios para que L.S.F. e coma ela todas as posibles afectadas, reciban a atención precisa nos prazos razoables que marquen os doutores”.