Home Programas Espazo Aberto Os sindicatos sairán mañá ás rúas separados: na defensa das pensións e da industria

Os sindicatos sairán mañá ás rúas separados: na defensa das pensións e da industria

0
Os sindicatos sairán mañá ás rúas separados: na defensa das pensións e da industria

Euskadi vivirá mañá, xoves, unha xornada de folga para reivindicar o dereito a unhas pensións dignas. Neste sentido, dende Galicia, os sindicatos Central Unitaria de Traballadoras (CUT), CGT, STEG, Sindicato Ferroviario , Sindicato da Elevación e o PROSAGAP convocan para mañá mobilizacións na defensa das pensións nas cidades da Coruña, Compostela e Vigo ás sete e media da tarde. Pola súa parte, a Confederación Intersindical Galega (CIG) convoca o mesmo xoves, e en todas as cidades, mobilizacións en defensa da industria e do emprego.

Os sindicatos Comisións Obreiras e UGT non teñen convocadas mobilizacións algunhas.