Ás nove da mañá iniciábase na facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela a folga indefinida convocada polo estudantado. A Asemblea Aberta de Medicina comunicou nas redes sociais as principais reivindicacións polas que loitan: unha mellora na organización docente, programas de coidado da saúde mental do alumnado, a eliminación de actitudes homófobas, machistas e racistas do profesorado, a galegofobia ou a disparidade de cátedras.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Ao longo do día de hoxe están convocadas diferentes protestas comezando por unha sentada nas escaleiras da facultade ás 11.30 horas, unha mobilización ás 14.00 horas e un peche nocturno.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -