Home Programas Espazo Aberto Francisco Conde ve na “política medioambientalista” unha “excusa” do goberno central para non solucionar a crise industrial

Francisco Conde ve na “política medioambientalista” unha “excusa” do goberno central para non solucionar a crise industrial

0
Francisco Conde ve na “política medioambientalista” unha “excusa” do goberno central para non solucionar a crise industrial

A menos dunha semana para a celebración de eleccións estatais, o conselleiro de Economía e Facenda, Francisco Conde, asistía a un foro sobre industria organizado pola Fundación Concordia y Libertad, creada polo Partido Popular. Neste encontro, participaron cargos e ex cargos do PP nos gobernos español e galego como Alberto Nadal, ex secretario de Estado de Enerxía ou o propio conselleiro, ademais do vicesecretario de Participación do Partido Popular, Jaime de Olano. Todos eles colocaron sobre a mesa a crise que atravesa a industria facendo especial referencia á galega.

Ante á prensa, o conselleiro de Economía apelou ás mobilizacións sindicais e populares que denuncian a perda de postos de traballo na industria galega para arremeter contra o goberno central de Pedro Sánchez. Por último, criticou as “políticas medioambientalistas” porque, segundo el, serven de “excusa” para non apostar polo sector industrial.