Ana Miranda: “Os datos da Xunta sobre os eucaliptos son falsos”

A eurodiputada afirma que os datos da Comisión Europea non se corresponden, e que poderiamos estas ante un "escándalo institucional"

A eurodiputada do BNG, Ana Miranda, anunciou en rolda de prensa que os datos da Xunta sobre o eucalipto son falsos, tras recibir resposta da Comisión Europea. “O programa de desenvolvemento rural actual da rexión galega exclúe o aumento da superficie desta especie” lee textualmente do documento, e sen embargo “incrementouse no doble da cantidade prevista”, expón a eurodiputada.

O asunto inicial da pregunta á Comisión era a prevención de incendios, máis particularmente as actuacións do propio organismo europeo para previr casos como os de 2017. Galicia recibe do programa de desenvolvemento rural 2014-2020 máis de 120 millóns de euros destinados á prevención de incendios, e “se a Comisión está recibindo datos falsos por parte do Goberno Galego”, comenta Miranda, “estamos diante dun escándalo institucional que significaría ter que ir ao Tribunal de Contas europeo”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O deputado José Luis Rivas, ‘Mini’, tamén quixo facer alusión á “barbaridade” que supón aumentar a superficie de eucalipto. Calificouno como “unha espirar de violencia cara o noso medio“, porque alén de ser acelerantes dos incendios, tamén “elimina economía”, engade. Afecta negativamente ás economías madereiras como os aserradeiros, ás explotacións leiteiras e agrícolas, á biodivesidade autóctona do noso país.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -