“Que a Transición fora pacífica non significa que estivera exenta de violencia”

Falamos coa autora do libro "El mito de la Transición Pacífica", Sophie Baby, no que amosa que a violencia foi tanto do Estado como "contestataria"

“A transición foi un episodio marcado pola violencia contestataria e de Estado durante anos”, explica a historiadora e autora de “El mito de la transición pacífica”, Sophie Baby.  No libro, recolle información exhaustiva que demostra que se deron casos violentos durante o proceso de reforma por parte de ambos bandos, e confirma que, en efecto, a transición non violenta é un mito que se sostivo ata non fai moito.

Algo que se está comezando a comprender agora, explica, é que “dicir que a Transición foi pacífica non significa que estivera exenta de violencia” que “estivo no corazón do proceso de reforma”. Como a ruptura de réxime que foi, Baby comenta que hai dous grandes retos aos que se enfrenta o Estado, “conter a violencia interna das súas propias forzas” así como “a violencia contestataria”.

Foi a vontade pacifista, de non pasar por “ruptura radical” a que “levou á xente a minimizar a violencia e ás veces negala“, explica. A autora recolle no seu libro máis de 700 vítimas, e aínda así durante moito tempo mantívose o “mito” que ela mesma desmonta. A recuperación da memoria é un longo proceso que aínda comezou non fai máis de 20 anos.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego