Home Programas Espazo Aberto Conversamos con Down Galicia sobre a polémica directriz electoral: “Queren volver ao paleolítico da Historia”

Conversamos con Down Galicia sobre a polémica directriz electoral: “Queren volver ao paleolítico da Historia”

0
Conversamos con Down Galicia sobre a polémica directriz electoral: “Queren volver ao paleolítico da Historia”

A  modificación da LOREG que permitirá aos membros da Mesa electoral xulgar se unha persoa con discapacidade de tipo intelectual é apta para votar está xerando resposta rapidamente. Down Galicia súmase ao CERMI na súa petición á Xunta Electoral Central de cese con carácter inmediato esta instrucción.

A medida estipula que se algún Membro da Mesa electoral, interventores ou apoderados, considera que o voto dunha persoa con discapacidade non é exercido de xeito consciente, libre e voluntario, poderá facelo constar anotando o seu DNI, aínda que non impedirlle votar. A finalidade é confusa, e o Presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto González, considera isto “unha pataleta porque non queren aceptar que unha persoa con discapacidade de tipo intelectual pode exercer este dereito libremente”.

Tamén lembra que os avances iniciais na lexislación viñan encamiñados de Europa, logo de que Estrasburgo lle dera a razón a unha familia de Compostela, e lle dixera ao Goberno Central “que fixera o favor de poñerse no século XXI e deixar o Paleolítico para historia“, comenta. A modificación inicial da LOREG mediante a LO 2/2018 para garantizar o dereito a voto de todas as persoas con discapacidade é un gran avance, e 100.000 persoas poderán exercer o seu dereito por primeira vez neste 28A. Pero dende a asociación aseguran que con este novo cambio se vulnera un dereito fundamental.