Home Espazo Aberto Medio ambiente ADEGA e a SGO piden a paralización urxente dunhas obras no Courel que afectan a un espazo da Rede Natura

ADEGA e a SGO piden a paralización urxente dunhas obras no Courel que afectan a un espazo da Rede Natura

0
ADEGA e a SGO piden a paralización urxente dunhas obras no Courel que afectan a un espazo da Rede Natura

A Asociación para a Defensa Ecoloxista de Galiza (ADEGA) e a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) piden á Xunta que paralice “de inmediato” as obras que se están a desenvolver nun dos montes máis emblemáticos do Courel, no cambio da Serra de Oribio, e que “aparentemente” corresponden ao Parque Eólico Serra de Oribio. De tratarse das obras deste parque eólico, a empresa promotora Fergo Galicia Vento S.L. estaría actuando “de forma ilegal” xa que o expediente de modificación do proxecto solicitado pola empresa aínda non foi resolto pola Xunta, “polo que non contaría con autorización administrativa recente e definitiva”, sostivo. Actuar sen a corresponde autorización e sen unha Declaración de Impacto ambiental podería vincular un delicto penal. Dende ADEGA lembran que en zonas protexidas non están permitidos os parques eólicos, agás a repotenciación das xa existentes, segundo o Plan Director da Rede Natura.

“Dende ADEGA e a SGO tememos que estas obras respondan a unha estratexia de feitos consumados, favorecida ademais por unha tramitación do proxecto opaca e con continuos atrancos. Van seis meses desde que ADEGA solicitou ante a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ser parte interesada no expediente de modificación das características do parque eólico e ter acceso a dito expediente”, indican nun comunicado. ADEGA xa advertiu destes feitos ao Seprona e ás Consellarías de Medio Ambiente e de Cultura.