Home Programas Espazo Aberto A USDG mobilizarase este luns en contra da “opacidade” da OPE na educación

A USDG mobilizarase este luns en contra da “opacidade” da OPE na educación

0
A USDG mobilizarase este luns en contra da “opacidade” da OPE na educación

A Unión Sindical de Docentes de Galicia (USDG) convoca unha mobilización este luns 15 de xullo, ás 12 horas en San Caetano, para esixirlle á Xunta un proceso “real” de estabilización das traballadoras interinas ou substitutas do colectivo docente no sector público.   A USDG denuncia que a Xunta leva a cabo un “ERE encuberto” no sector da educación. A Consellería de Educación anunciou un proceso de estabilización do persoal laboral mediante a convocatoria de oferta spúblicas de emprego como reacción ás esixencias da Unión Europea, que lle tirara das orellas pola alta temporalidade das contratacións na administración pública. Dende a USDG denuncian que estas ofertas non teñen en conta as necesidades do persoal laboral e consideran que o obxectivo é “mudar unhas traballadoras por outras, non estabilizar o emprego”.

Por outro lado, a OPE de 2019 de educación, que se presenta como un proceso de estabilización, tampouco cumpre con ningunha das demandas do colectivo do persoal temporal segundo a USDG. Consideran que apenas un 5-10% das persoas que se presentan aproba o exame, o que para o sindicato é unha evidencia da existencia de cupos para pasar á segunda proba. A isto, súmanlle a “falta de transparencia” no proceso porque “non podes saber onde fallaches nas probas”. O resultado, “é unha desfeita”.