A mineira de Touro culpa ás vacas da contaminación da contorna

ADEGA resalta que Cobre San Rafael chegou a realizar unha proposta para aproveitar as "virtudes" das augas contaminadas para abrir o primeiro parque temático de organismos extremófilos do mundo

A polémica arredor da mina de Touro continúa. Desta vez, a empresa Cobre San Rafael S.L tentou xustificar as augas contaminadas con metais pesados cunha nova explicación, que desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza critican duramente. Falamos con Fins Eirexas, Secretario Executivo da entidade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Así, dende ADEGA resaltan que o expediente mineiro de Touro “non para de producir verteduras” informativas e, desta volta, destaparon que a empresa mineira tenta xustificar os elevados níveis de metais tóxicos nos regos que drenan o complexo mineiro, culpabilizando ás explotacións gandeiras.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -