Aí vem o Apalpador!

As festas de Nadal en Compostela veñen acompañadas da visita do Apalpador, que percorrerá as rúas e os centros cívicos da cidade ata xaneiro

Co Nadal chegan as tradicións, e como non podía ser doutro xeito, tamén chega o Apalpador. Ata o 4 de xaneiro, esta figura emblemática da cultura galega percorrerá 30 centros cívicos de Compostela, ademais dunha ruada convocada para o 21 de decembro que leva máis de cinco anos celebrándose. Todo acompañado de música, teatro e malabares. Así o explicaron a concelleira de centros cívicos, Concha Fernández, e Xesús Rivera, da Semente.

Serán tres compañías de teatro Cachirulo, Talía Teatro e A Xanela do Maxín que a través da Escola Semente se encargarán de traer á cidade o Nadal galego máis tradicional. A información e as datas pódense atopan no programa.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego