Home Programas Espazo Aberto A Deputación cofinanciará as obras de reforma da cuberta e a bancada de Riazor

A Deputación cofinanciará as obras de reforma da cuberta e a bancada de Riazor

0
A Deputación cofinanciará as obras de reforma da cuberta e a bancada de Riazor
Pleno da Deputación da Coruña

O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade a realización dun convenio co Concello da Coruña para o financiamento das obras de reforma e conservación da cuberta e a estrutura metálica das bancadas do estadio de Riazor.

A achega da Deputación ascenderá a 1 millón de euros, o que representa un 14,3% do orzamento total das obras, que ascende a preto de 7 millóns de euros. A sinatura deste acordo terá lugar a principios do vindeiro mes de maio e o presidente provincial, Valentín González Formoso asegura que “responde a unha necesidade formulada polo Concello e que contribúe proxectar a imaxe da cidade da Coruña en toda España”.

Compromiso do concello

O Concello da Coruña comprométese, durante un prazo de 10 anos, a ceder o campo para a celebración das finais feminina e masculina da Copa Deputación de fútbol, poñer a disposición da Deputación 1.000 entradas para o Trofeo Teresa Herrera, que se distribuirán entre escolas de fútbol base e colectivos desfavorecidos e, ademais, a proxectar vídeos divulgativos da Deputación e dos concellos da provincia da Coruña nos paneis electrónicos do estadio durante as previas e descansos dos partidos.