Lecturas, exposicións e intercambios de exemplares para conmemorar o Día do Libro

A rede de Centros Cívicos prepara un amplo programa de actividades para desenvolver en Santa Marta, Vite, Fontiñas e Conxo, nunha xornada dedicada a Hans Christian Andersen

O escritor danés Hans Christian Andersen será o gran protagonista do Día do Libro en Compostela. O Concello baseará a celebración na figura do autor de obras como ‘A sereíña’ a través dunha exposición que ficará no centro sociocultural de Vite todo o mes. Así e todo, farase unha lectura dos clásicos de Andersen o día 25 en Fontiñas. Por outra banda, o CSC de Vite converterase o día 21 no ‘Nautilus’. Ambientarase a biblioteca como se fose a do emblemático submarino deseñado polo escritor francés Jules Verne.

O Día do Libro rende homenaxe a Andersen e Verne

Unha das actividades máis salientábeis desta xornada é a “solta de libros”. O 24 de abril en Fontiñas e o 25 en Vite, as bibliotecas dos centros cívicos agasallarán á cidadanía cos excedentes obtidos nas campañas de doazón. Nesta liña, do 16 ao 27 de abril haberá unha Feira do Troco de Libros no barrio de Santa Marta.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Programa de actividades

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -