Home Programas Área Compostela “A Depuradora será máis barata, máis ecolóxica e podemos manter os fondos europeos”

“A Depuradora será máis barata, máis ecolóxica e podemos manter os fondos europeos”

0
“A Depuradora será máis barata, máis ecolóxica e podemos manter os fondos europeos”
SONY DSC

Nin caos nin “desfeita”. Pola contra, satisfacción en Raxoi trala celebración da reunión celebrada en Madrid entre o Concello de Compostela, a Xunta e o Ministerio para a transición Ecolóxica. Fronte as visións máis negativas, a xuntanza tivo unha resolución favorable para os intereses da veciñanza de Compostela e a nova depuradora instalarase na ubicación da Silvouta.

Desde Raxoi resaltan que o Ministerio para a Transición Ecolóxica reitera a súa aposta pola localización da nova EDAR na Silvouta e Martiño Noriega quixo amosar hoxe o seu  agradecemento pola posición mantiva por parte do goberno central. Así as cousas, Noriega resaltou que as futuras obras terán un menor impacto ambiental e un menor custo económico que o proxecto do Souto.

Agargan manter os fondos europeos

Ademais, as dúas administracións entenden que a alternativa da Silvouta é a única que permite seguir optando aos fondos europeos comprometidos para a infraestrutura. O Concello aportará un 20% do custe de fondos propios, como a Xunta, e o Goberno Central o 60% restante, procedentes de fondos Europeos. Noriega reiterou, ademais, que é o mellor acordo que podían esperar, xa que o custe da obra na Silvouta é un 20% máis barato do que o sería no Souto, xa que non habería que preparar o terreo. Para 2023, espérase que como mínimo esté lista a xustifcación de fondos, aínda que o Concello considera que o proceso será máis rápido.