Seguimento masivo na xornada de folga do persoal da CRTVG

O persoal da CRTVG continúa en loita contra o desmantelamento do servizo público. Xa van máis de 30 venres negros e o persoal da CRTVG continúa coas manifestacións contra "o desmantelamento, a manipulación e a represión"

Xa van máis de 30 venres negros, e o persoal da CRTVG segue a manifestándose contra a progresiva precarización do servizo público audiovisual de Galicia. Entre San Marcos e as delegacións, estímase que a participación no paro foi do 90%. Falamos con Raquel Lema, membro do Comité de Folga da CRTVG.

A manifestación, que comezou no Parlamento de Galicia, rematou coa lectura dun manifesto que deixaba clara a importancia dun medio público libre que reprensente á cidadanía e a cultura galega. Tamén se evidenciou o desmantelamento da canle, a manipulación da que non deixan de saír máis casos á luz, e a represión contra os traballadores e traballadoras que, como Tati Moyano e Carlos Jiménez, se manifestan en contra da situación actual.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego