Home Espazo Aberto Cultura A cuarta edición do Festival Solidario Inclusón volve a Carballo con “Cores, Contos e Rock n´Roll”

A cuarta edición do Festival Solidario Inclusón volve a Carballo con “Cores, Contos e Rock n´Roll”

0
A cuarta edición do Festival Solidario Inclusón volve a Carballo con “Cores, Contos e Rock n´Roll”

A música volve ao concello de Carballo da man da asociación carballesa Aloumiños que celebra a cuarta edición do Festival Solidario Inclusón e, ademais, presentará o calendario do Concurso “Xunt@s sumamos”. Esta dobre xornada enmárcase no ciclo ‘Novembro con música’ da Concellería de Cultura coa que Aloumiños pretende compartir o ocio saudable e inclusivo con todos os veciños mediante a música e a ilustración.

Deste xeito, o sábado 23, ás seis da tarde, no Salón de actos do Pazo comezará a presentación e entrega de premios do “Calendario Aloumiño 2020”, ilustrado polos e polas gañadoras do concurso “Xunt@s Sumamos” que organiza a entidade e no que participa alumnado de primaria dos centros educativos de Carballo e toda a Costa da Morte.

O domingo 24, desde as as 18 horas, a diversión estará garantida no auditorio do Pazo co espectáculo “Cores, Contos e Rock n´Roll”, de Pakolas, que nos ofrecerá unha proposta musical e conceptual na que se mesturará a música e a ilustración. Mentres que o concerto avanza, a artista Laura Romero irá plasmando conceptos e emocións nun lenzo. Ademais, habilitarase un espazo do libro inclusivo para achegar esta temática aos nenos e nenas. Un divertido photocall, un punto de Información e o sorteo de agasallos entre todos os/as asistentes completarán unha xornada de ocio saudable a prol da igualdade e a inclusión.