Veciñas e veciños de Casalonga concentráronse este luns ás portas do Parlamento de Galicia onde comparecía o presidente Alberto Núñez Feijóo a raíz do debate dos orzamentos de 2020. A veciñanza de Casalonga, no concello coruñés de Teo, denuncia o papel da Xunta ante o proxecto empresarial de Toysal de restauración da canteira. Teñen claro que detrás desta iniciativa se agocha a pretensión de realizar un “vertedoiro encuberto” e non entenden porque a Xunta non lle denega xa o permiso.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Nos últimos días, tres integrantes da rede ContraMinacción acudiron á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para denunciar os conflictos medioambientais en Galicia. Pese obter o voto en contra do PP, a Eurocámara aceptou avaliar se nos próximos meses unha delegación europea viaxará a Galicia para investigar os conflictos en primeira persoa.

A maiores, a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos anunciou a convocatoria dunha nova reunión veciñal para o xoves 28 de novembro ás 20.30 horas da tarde.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -