Home Programas Área Compostela Un Programa Municipal de Apoio á Inclusión Social facilitará a integración de persoas que se atopen en risco de exclusión

Un Programa Municipal de Apoio á Inclusión Social facilitará a integración de persoas que se atopen en risco de exclusión

0
Un Programa Municipal de Apoio á Inclusión Social facilitará a integración de  persoas que se atopen en risco de exclusión

O goberno municipal de Santiago quere facilitar itinerarios de integración social para persoas que se atopen en risco de exclusión social. Por este motivo Compostela contará a partir de agora cun Programa Municipal de Apoio á Inclusión Social. Anunciouno en rolda de prensa no Pazo de Raxoi a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández.

O Programa permite a axuda personalizada. Solicitaron participar nel 187 persoas e nas accións formativas foron 156. Diante desta importante demanda desde o concello contan con prorrogar esta iniciativa ata xuño de 2018. O perfil das persoas participantes é o de persoas adultas que pertencen a unidades familiares en claro risco de exclusión social, cun proxecto de intervención dos servizos sociais comunitarios e perceptoras dalgún tipo de prestación económica.

A responsable do programa, Mónica Outón, explicou algunhas características do mesmo distribuidas nos ámbitos pedagóxicos, de competencia persoal e de conciliación.

Concha Fernández volve apelar a un “tratamento xusto” coas persoas en risco de exclusión