A Rede Cultural da Deputación da Coruña destina máis de medio millón de euros na área de Santiago

A Deputación da Coruña destina un total de 527.427,52 euros para a área de Compostela

O Circuito cultural da denominada Rede Cultural da Deputación da Coruña incrementa a súa achega este ano para que os concellos da provincia teñan máis actividades. Goretti Sanmartín, Vicepresidenta desta institución, presentou na librería Couceiro os datos desta edición que inclúen 23 concellos da Área de Compostela.

Goretti Sanmartín salientou que se aprobaron todas as propostas que desde os municipios se presentaron coidando de maneira especial aos concellos de menos de 20.000 habitantes. Ademais das 264 actuacións, máis de 200 serán nesta nova edición en concellos de menos de 10.000 habitantes.

As propostas aprobadas, de todo tipo

Hai actuacións musicais, teatro, cinema e unha importante presenza de espectáculos para nenos e nenas.

A Rede Cultural rexistra só na área de Compostela un incremento de 70.627,53€ con respecto ao ano anterior e 171.024, 32 € se o comparamos co ano 2015, aumento neste caso que reverte fundamentalmente na achega da Deputación da Coruña ao sumar 130.000 €.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego