“Cultura no camiño” levará 371 actuacións a 98 concellos galegos

“Cultura no Camiño” chega á súa quinta edición sumando concellos e actuacións. O compostelán Museo das Peregrinacións e de Santiago acolleu a súa presentación na que participaron o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro ademais da directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez; o director da Agadic, Jacobo Sutil; o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez; e a concelleira de Turismo de Santiago, Marta Lois.

Unha tarefa da cidadanía

Na Praza de Praterias e no interior do Museo actuaron Guadi Galego e Pistacatro como mostra do que se poderá ver este verán en “Cultura do camiño”. A Directora de Turismo sinalou na súa intervención a importancia de coidar o Camiño de Santiago, unha tarefa que para ela ten que ser responsabilidade de toda a cidadanía.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O investimento de Cultura no Camiño ascende nesta edición a 544.287,47 euros, que asumen a Xunta de Galicia, os concellos participantes e mais Gadis. Este ano incorpóranse oito concellos respecto a 2016, concretamente os municipios de O Barco de Valdeorras, Pantón, Mondoñedo, Sarreaus, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía, Tui e Meis

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -