A veciña de Elviña, Pilar Santiago, protagonizou o primeiro programa de entrevistas Retrincos, producido por Nós Televisión, no mes de maio de 2019. A partir de aquí, este espazo comezou a ocupar posicións na nosa grella e a día de hoxe converteuse nun programa identificativo desta casa. Se aínda non viches Retrincos, ponlle remedio a través da nosa canle de Youtube no que poderás atopar os oito programas que se emitiron ata hoxe. Se xa es das que gostas das entrevistas de Retrincos, van cinco datos que non te podes perder:
- Cada programa baséase nunha entrevista cunha duración de entre 15 e 30 minutos na que se abordan conflitos sociais latentes.
2. O xornalista galego Fernando González, máis coñecido como Gonzo, falou no Retrincos da súa saída na TVG e realizou duras críticas sobre algúns procedementos habituais nos medios de comunicación.
3. Pérdeste sobre a evolución do movemento obreiro galego? A nacionalista Elvira Souto, con lazos á UPG, ofrece a súa perspectiva arredor dos acontecementos que tiveron lugar nas últimas décadas.
4. Como se privatiza a sanidade pública galega? A activista da sanidade pública, Luisa Lores, debulla a estratexia privatizadora de Alberto Núñez Feijóo.
5. Carmen Valiña, doutora en Historia Contemporánea e directora de Periféricas, fala dunha das súas investigacións que advirten como unha parte das mulleres que emigraron a Suíza no franquismo se arrepentiron de voltar.