The Rapants tocan ‘Non sei como’ dentro do tren

Samuel González e Xanma Louro, cantantes e guitarristas da banda galega The Rapants, interpretaron en acústico o tema ‘Non sei como’, incluído no último álbum do grupo, ‘Rapants Club’. Fixérono para rematar a súa participación no programa de videopodcast O Vagón, que produce e realiza Nós Televisión, presenta o xornalista Luís Pardo e se grava no interior dun tren na Estación de Vedra.

Este capítulo contou co apoio de patrocinio de Deleite.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego