O Vagón, con The Rapants

Son o último gran fenómeno da música galega. Nunha escena que parecía copada pola tradición, os ritmos urbanos e a mestizaxe entre ambas tendencias, apareceron eles coas súas guitarras como ‘máquinas de buen rollo’. Meteron a máis de 6.000 persoas no Multiusos do Sar, en Santiago, e mesmo coaron algún dos seus temas, que son xa himnos para a rapazada, na playlist da celebración do ascenso do Dépor. Samuel González e Xanma Louro, almas de The Rapants, os dous voz e guitarra da banda, protagonizan o episodio que inaugura a nova tempada do videopodcast O Vagón, producido e realizado por Nós Televisión, presentado polo xornalista Luís Pardo e gravado no interior dun tren na Estación de Vedra.

Este programa está patrocinado por Deleite e conta co apoio de Gadis e a colaboración de Nuria Grandío (@konachadas) para a sección de preguntas na rúa.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego