Home Programas Espazo Aberto Reflexións sobre a esquerda e os novos tempos

Reflexións sobre a esquerda e os novos tempos

2

A esquerda ten que adaptarse aos novos tempos. Esta podería ser a idea principal do coloquio celebrado o pasado venres pola tarde na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago organizado polo Grupo Parlamentario da Esquerda Unitaria Europea/ Esquerda Verde Nórdica no que participaron a deputada Lidia Senra, a comandante guerrilleira nicaragüense Mónica Baltodano, a activista deste mesmo país Haydeé Castillo, o sociólogo portorriqueño Ramón Grosfoguel e a activista galega Lupe Ces. Lidia Senra explicou que se nos está a vender que non hai alternativa ao capitalismo.

As nicaragüenses Mónica Baltodano e Haydeé Castillo deron a coñecer a situación do seu país en relación a un modelo diferente ao da esquerda revolucionaria.

O sociólogo portorriqueño Ramón Grosfoguel criticou os paradigmas da esquerda occidentalizada e a activista galega Lupe Ces é do parecer que serán as xeracións futuras as chamadas a levar a éxito o proxecto da esquerdas.

O coloquio ao que asistiron o portavoz nacional de EnMarea e rostros coñecidos como Xavier Vence e Alba Nogueira, tratou de poñer en común reflexións, a partir de experiencias, que se están dando na esquerda no contexto actual internacional desde unha perspectiva de clase e feminista.