A Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou en rolda de prensa un dos proxectos gañadores da IV edición do Concurso de Publicidade en Galego. Trátase de #TeñoMonte, a primeira plataforma de compra/venda de madeira entre propietarias e propietarios forestais e empresas.
Comezamos! 😉 https://t.co/ai1536eAlN
— eMonte Galicia (@emonte_gal) October 4, 2016
O director de E-Monte Solucións Forestais, Victor Rivas, falou desta innovadora ferramenta. Pola súa banda, Natalia Martinez, da compañía de marketing que levará a súa difusión, explicou algunhas das actividades que se realizarán para que se coñeza esta ferramenta en Santiago. Alén dos photocall na rúa, esta campaña quere achegarse a un público máis novo e urbano que está máis afeito a empregar as redes sociais polo que este será un dos medios do que se servirá E-Monte para darse a coñecer.