A Asociación de Hostalería, bares e pubs de Compostela acaba de remitir un comunicado no que desminte calquera trato de favor do actual goberno municipal tal e como leva denunciando o Partido Popular e sinalan algúns medios de comunicación locais. Un dos seus representantes, Sergio Fernández, conversou esta mañá con Nós Televisión.
A Asociación censura a utilización partidaria
A mesma asociación síntese utilizada políticamente e denuncia que se está a xogar con moitos postos de traballo, 3.000 directos e uns 8.000 indirectos, segundo informan fontes do sector.
A asociación tamén lle esixe aos medios de comunicación que corrixan a “orientación sensacionalista e alarmista que estes días están inundando xornais, radios e televisións”