“Opoñerse á extinción”: unha nova aposta polo amor e a denuncia social

A cantante galega SES estrea o seu cuarto álbum, que poñerase á venda o día dous de novembro

O traballo, que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, é definido por SES como “humilde, sincero e profundamente namorado da cultura á que pertence”. As temáticas ás que recorre neste novo disco non varían con respecto a anteriores entregas: a denuncia social e o amor en tódalas súas manifestacións. A cantautora declarou, nesta presentación, que o lugar onde máis lle interesa tocar é nas vilas. A maiores, mencionou outras cuestións, tales como que o galego é un idioma en perigo de extinción ou que a sociedade é máis machista na actualidade que cando ela era rapaza.

- Publicidade -

A crítica e o compromiso foron dúas características diferenciadoras de SES dende os seus inicios. Neste disco, apostou por un cambio a partir de novas sonoridades e deixando máis espazo para a cantareira que brota dende o seu interior. A estrea en directo terá lugar os días 28 e 29 de decembro no Teatro Rosalía da Coruña, e o 14 de xaneiro no Pazo da Cultura de Narón.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego