A Asociación Española contra o Cancro de Santiago celebra a terceira edición do mercadiño solidario. A iniciativa contará coa colaboración da boutique Mariana de Bertamiráns, La Flor Café Bar e Rebeca Senra. Dende a Asociación trabállase en base a dúas áreas. Por unha banda, informar e concienciar a través de campañas de sensibilización, que gardan un patrón común: previr é máis barato ca curar. Por outro lado, o apoio aos familiares que, en palabras do vicepresidente da AECC, Antonio Guerrero, o que se pretende é mediar e axudar psicoloxicamente ás persoas ás que se lles detecta esta enfermidade.
Nesta ocasión, a madriña deste terceiro encontro foi a actriz Ana Turpin, que amosou a súa idea con respecto a esta enfermidade tan latente na nosa actual sociedade e mesmo fixo unha reflexión da súa experiencia persoal con ela.
No mercadiño, os asistentes poderán atopar unha ampla variedade de artigos: cerámica, bisutería, repostería, artesanía ou xoguetes. Concienciar á sociedade e recadar fondos son os dous obxectivos primordiais desta iniciativa. A hora de acceso á Fundación Granell será entre as 11:00 e as 20:00 h.