Home Programas Espazo Aberto O unánime berro contra a Mina de Touro colapsa Compostela

O unánime berro contra a Mina de Touro colapsa Compostela

3
O unánime berro contra a Mina de Touro colapsa Compostela

Compostela ateigada. E non era para menos. A indignación cidadá que durante os últimos meses houbo nas zonas afectadas polo proxecto mineiro que se pretende reabrir en O Pino e Touro trasladouse esta mañá de xeito masivo á capital do país. Alí, milleiros de persoas ocuparon as rúas da cidade para rexeitar a polémica mina. Máis de 50.000 persoas segundos os primeiros datos ofrecidos pola organización

Deste xeito, Compostela acolleu esta mañá a maior manifestación contra o proxecto mineiro e da que participaron tamén representantes de En Marea, PsdeG e BNG. Veciños, veciñas e persoas de toda Galiza berrando cotra a mina. Como hai cinco anos paralizando o proxecto similar que se pretendía abrir en Corcoesto. Dignidade.

Mentres a cabeceira da manifestación estaba a piques de chegar á praza do Obradoiro, aínda había xente agardando a súa saída da Praza da Alameda. A numerosa mobilización unitaria lembrou ás xa históricas manifestacións do 8 de marzo. Unha Praza do Obradoiro que ficou pequena.

Isabel Villalba (SLG): “Os impactos desta desta Mina son bestiais”