O mundo de Frato abre ao público no Pazo da Cultura de Pontevedra

O mundo de Frato abre ao público no Pazo da Cultura de Pontevedra. O pedagogo italiano Francesco Tonucci, autor desta personaxe, inaugurou hoxe na Cidade do Lérez a exposición “Imaxinar a educación. 50 anos con Frato”, que fai un percorrido sobre a súa filosofía da educación e os espazos públicos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Ata o 11 de xuño

A exposición poderá verse no Pazo de Cultura de Pontevedra desde hoxe e ata o 11 de xuño grazas ao traballo da Deputación e á colaboración de concellos como o de Pontevedra. Mostra unha visión retrospectiva a través das súas viñetas, que asina co seudónimo de Frato. Nun amplo espazo pódense ver obxectos persoais do autor e unha extensa relación de obras orixinais e relacionadas coa figura do personaxe.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -