
Coñecida no día de onte a sentenza da Xustiza que declara finiquitado o problema do hotel da Quinta da Auga chegaron hoxe as valoracións por parte do Alcalde de Santiago. Martiño Noriega declarou amosarse satisfeito por unha resolución que evita grandes problemas económicos para o Concello.
Martiño Noriega explicou os trámites que aínda quedan por realizar
.@martinhonoriega declarou amosarse satisfeito pola execución da sentenza do Quinta da Auga https://t.co/I5UzHYMaU8 pic.twitter.com/B3vgk10hF2
— Nós Televisión (@NosTelevision) 28 abril 2017
Aínda que pode haber apelación, a emisión desta sentenza por parte do Xulgado semella deixar por finiquitado o problema do hotel Quinta da Auga.