Historia, música, territorio e lingua únense no filme BRAVÚ XXX. O documental musical producido por Nós Televisión e presentado por Xurxo Souto conmemora o trinta aniversario do bravú e grazas á área de Cultura da Deputación da Coruña haberá 25 concellos pequenos e medianos da provincia que poderán gozar da proxección dese filme totalmente de balde e con entrada aberta durante o mes de novembro.
Xira do BRAVÚ XXX
A xira audiovisual do BRAVÚ XXX pola provincia da Coruña foi presentada en rolda de prensa este xoves na Deputación da Coruña, pola deputada de Cultura, Natividade González; o que foi líder dos Diplomáticos de Monte Alto, referente indiscutible do movemento bravú e presentador e co-guionista do filme, Xurxo Souto; e por Ana Viqueira, co-guionista, produtora e co-directora do documental xunto co resto do equipo de Nós Televisión.
O filme está incluído dentro da programación Outono das Artes, que organiza o departamento de Cultura da Deputación da Coruña e as proxeccións terán lugar ao longo do mes de novembro en casas da cultura, auditorios, edificios de usos mútilples, bibliotecas, centros sociais e culturais e centros de ensino de Rois, Zas, Ordes, Culleredo, Sada, Curtis, Porto do Son, Miño, A Laracha, Carral, Neda, Negreira, Muros, Outes, San Sadurniño, Betanzos, Arzúa, Ribeira, Cedeira, Corcubión, Malpica, Melide, Carnota, Boiro e Muxía.
Proxeccións do filme dentro do programa Outono das Artes de ‘A Cultura é un dereito’ da Deputación da Coruña
4 de novembro. Rois. CPI Os Dices. Ás 16:45 horas.
6 de novembro. Zas. IES Maximino Romero de Lema, en Baio. Ás 12:45 horas.
7 de novembro. Ordes. Auditorio da Casa da Cultura. Ás 20:00 horas.
8 de novembro. Culleredo. Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Ás 19:30 horas.
8 de novembro. Sada. Capela de San Roque. Ás 20:00 horas.
8 de novembro. Curtis. Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro. Ás 21:00 horas.
8 de novembro. Porto do Son. Casa da Cultura de Portosín. Ás 21:00 horas.
9 de novembro. Miño. Auditorio do Centro Social da Rúa. Ás 19:30 horas.
13 de novembro. A Laracha. Casa da Cultura. Ás 13:00 horas.
14 de novembro. Carral. Casa da cultura. Ás 20:00 horas.
14 de novembro. Neda. Biblioteca Municipal ás 19:00 horas.
14 de novembro. Negreira. Auditorio Afonso Eanes de Cotón. Ás 20:30 horas.
15 de novembro. Porto do Son. Casa da Cultura de Porto do Son. Ás 21:00 horas.
16 de novembro Muros. Centro Cultural e xuvenil. Ás 20:30 horas.
16 de novembro. Outes. Auditorio da Casa da Cultural. Ás 20:00 horas.
16 de novembro. San Sadurniño. Casa da cultura. Ás 19:30 horas.
16 de novembro. Betanzos. Cine Alfonsetti. Ás 20:00 horas.
19 de novembro. Arzúa. EFA Piñeiral. Ás 12:20 horas.
21 de novembro. Ribeira. Auditorio Municipal. Ás 11.30 horas.
21 de novembro. Cedeira. Auditorio Municipal. Ás 11.30 horas.
22 de novembro. Corcubión. Capela de Pilar. Ás 20.00 horas.
23 de novembro. Malpica. Auditorio do Centro Cívico. Ás 20:00 horas
29 de novembro. Melide. Centro Sociocultural Mingos de Pita. Ás 20:00 horas.
29 de novembro. Carnota. Salón de actos do Concello. Ás 21:00 horas.
30 de novembro. Boiro. Centro Social. Ás 19:30 horas.
30 de novembro. Muxía. Salón do Voluntariado. Ás 20:00 horas