As vivendas non habitadas de Compostela terán máis facilidades no caso de querer ser alugadas grazas a unha nova iniciativa do Concello: a creación dunha bolsa municipal de vivendas baleiras para o alugueiro. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, explicou as dúas partes nas que está dividido o programa para a mobilización da vivenda baleira, así como as axudas que se ofrecerán dende o Concello.
Apostamos por poñer en valor a cidade construída e facilitarlle o acceso a unha vivenda digna ás persoas que o necesitan
Prazos
Este novo programa supón un paso máis dentro do programa AVIVA, o Plan de Mobilización da Vivenda Baleira. O prazo para a presentación de solicitudes para formar parte da bolsa rematará o 15 de setembro.