O BNG esixe solucionar a falta de espazo no Santiago Apóstolo

Rubén Cela solicita que como medida de urxencia se lle cedan ao colexio para o curso vindeiro espazos que agora emprega a Escola Municipal de Música

O voceiro municipal do BNG de Santiago, Rubén Cela, insistiu hoxe en rolda de prensa na urxencia de solucionar a falta de espazo que ten na actualidade o CEIP Santiago Apóstolo. A formación nacionalista recolleu as reivindicacións da ANPA da escola que onte expuxeron no Pleno o seu problema.

- Publicidade -

Rubén Cela lembrou que a realidade desta escola mudou cos anos e nos últimos cursos a matrícula aumentou de xeito considerable.

O voceiro municipal do BNG propón unha solución de urxencia mentres non se traslada a Escola Municipal de Música.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego