O Pleno da Corporación de Santiago aprobou os orzamentos do Concello para o exercicio 2017. A proposta presentada polo Goberno local foi apoiada co voto favorable do BNG, tivo a abstención do PSOE e o voto negativo do Partido Popular. A proposta de orzamento foi presentada pola concelleira de Facenda, María Rozas. Pola oposición interviron o voceiro do BNG Rubén Cela, o voceiro o PP, Agustín Hernández e o voceiro do PSOE, Paco Reyes. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, fixo uso da súa quenda de palabra para falar da importancia destes orzamentos que calificou de “participados”.
Martiño Noriega: “Os orzamentos representan á cidade dun xeito maioritario”
Aprobados os orzamentos municipais de Santiago para o 2017 #Orz17SCQ Primeira avaliación de @martinhonoriega https://t.co/buN9NJ9Yf5 pic.twitter.com/g1ZqCF0QHi
— Nós Televisión (@NosTelevision) 18 febreiro 2017
O orzamento ascende a máis de 106 millóns de euros. A súa aprobación foi posible logo do proceso de diálogo que puxo en marcha o Goberno no pasado mes de outubro e que tivo como resultado un documento que contempla numerosas achegas de todos os grupos, en particular do BNG e do PSOE, así como mocións aprobadas no Pleno.