Novo modelo de contrato na Atención Primaria? CCOO non o asinará e esixe unha «verdadeira negociación»

A Federación de Sanidade do sindicato fixo pública a decisión de non asinar o modelo de contrato de atenión primaria por "perpetuar o traballo precario"

Comisión Obreiras fixo pública a súa decisión de non asinar o acordo para o novo contrato de continuidade para a atención primaria. Declaran que “non garante a estabilidade do persoal e que abre a porta, de xeito encuberto, a un novo modelo de atención primaria”.

Xunto coa CIG, son os únicos sindicatos que non asinaron o modelo, xa que tanto CSIF, CESM-O’Mega, Statse e UGT chegaron ao acordo coa Xunta o pasado 15 de xaneiro. Os motivos son varios, pero como nos explica Emilia Lamas, secretaria de Organización de CCOO-Sanidade, “só van cubrir un 60% das necesidades e o outro vai quedar como ata agora, a golpe de teléfono“.

CCOO-Sanidade pide novas negociacións porque estas carecen de “seriedade”. Reivindican “abordar a situación da atención primaria en Galicia cun novo Plan Mellora, chegando a acordos con todos os axentes sociais para dar solucións aos problemas asistenciais e de falta de profesionais”.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego