Dispoñibilidade de 24h os 365 días do ano: críticas contra o novo modelo de contrato para o persoal eventual de Atención Primaria do SERGAS

As e os profesionais da sanidade denuncian que o modelo de contrato aprobado pola Consellería e unha parte dos sindicatos "perpetúa a situación de precariedade"

A Consellería de Sanidade e os sindicatos (a excepción da CIG e CCOO) asinaron o pasado martes o novo modelo de contrato para o persoal eventual da Atención Primaria. Nun primeiro momento “conciliador”, posto que termina cos contratos dun ou dous días e establece o mínimo de duración de 12 meses malia que parte do persoal mobilizado continúa censurando que “perpetúa unha situación de precariedade“.

Precarias pola Atención Primaria: “Nós non imos asinar”

Explícanos a situación Daniel de Bernardo, parte do colectivo Precarias pola Atención Primaria, de médicas e médicos de familia en situación de precariedade laboral de Galicia

O contrato obriga aos profesionais a traballar en períodos inferiores de 15 días en distintos centros “que non sabemos cales van ser” e implica unha “dispoñibilidade de 24 horas ao día e 365 días ao ano”.

“Plantexan establecer un contrato para obrigar á xente a que vaia a traballar cando eles queiran”. En palabras do colectivo, e de Daniel como médico de familia, “quizais os sindicatos asinaron, pero nós non imos asinar“.

 

 

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego