Nós Televisión: información, cultura e pensamento para unha nova Galicia

Espazo Aberto, o semanal cultural de Nós TV

Todos os domingo ás 21.00 horas emitimos o noso informativo semanal centrado da cultura e linguas galegas. Podes velo no 119 de R e nas nosas redes sociais.

‘Conversas no Sant Jordi’ con Suso de Toro

Suso de Toro conduce este programa no que viaxamos ata Barcelona para falar coas figuras máis emblemáticas do país catalán

GZmúsica, o programa da música galega

Trátase dun espazo mensual de media hora no que debullamos a actualidade da escena musical galega.

Galego de Todo o Mundo, o fomento da lingua

A lingua galega é un dos sinais que nos definen, polo que colaboramos con organismos como a Mesa Pola Normalización Lingüística e difundimos contidos e actividades da CTNL, Real Academia Galega, Galeguizar e outras iniciativas. En xullo de 2020 estreamos ‘Galego de Todo o Mundo’, un formato de reflexión lingüística para a lusofonía en colaboración coa Associaçom Galega da Língua.

 

Inventario de vespoideas, enxeño e creatividade

Inventario de vespoideas é un programa mensual producido por Illa Bufarda para Nós Televisión que difundimos nas nosas redes sociais e na nosa canle no 119 de R.

As vespoideas son unha familia de insectos entre as que se atopan as formigas e as avésporas. Tanto unhas coma outras son traballadoras e aplicadas e son un elo imprescindeble do noso ecosistema. Nesta serie de programas presentámosvos as vespoideas más vespoideas de todas as vespoideas, persoas inventoras que coas súa imaxinación e enxeño crean e constrúen nun mundo no que parece que xa todo está feito.

Retrincos, entrevistas e reflexión

Espazo de entrevistas realizado por Xarda S Coop Galega no que falamos con persoas do activismo, cultura e o pensamento galego como poden ser Luz Fandiño, Gonzo, Xosé Manuel Beiras ou activistas como Xácia Ceive e Pilar Santiago.

 

Universo Galaxia

Unha sección producida por Nós Televisión onde coñecer de preto as novidades literarias da editorial Galaxia da man das súas autoras e autores. Aquí un exemplo.