O 15M tomou como un dos eixos principais o cuestionamento dos medios de comunicación e sobre todo, que e quenes están detras deles. En principio, deberían ser aqueles chamados a formar á sociedade, garantíndolle o dereito a unha información diversa e plural. É por isto que o medio Diagonal, nado en 2005 e caracterizado pola independencia económica, viu que tras esta data “non respondía ás demandas da sociedade” e precisaba dar un paso máis alá. As e os redactores, pois, puxeron en marcha, en novembro de 2016, unha iniciativa que rompese coa dinámica dos medios tradicionais.
A iniciativa está formada por máis de vinte medios de todo o Estado e pretende xuntar forzas a través da colaboración e da non competencia. Ademais, finánciase exclusivamente coas achegas dos socios e as persoas suscritas representan un 40% da decisión das temáticas que se abordan no medio de comunicación.
O Salto conta cunha web e o seu primeiro número tamén se presentou en papel. Aínda así, na presentación fíxose fincapé na idea de apostar pola versión online. Nesta incluirase, ademais de escrita, radio e televisión. Neste intre, desde Galiza, están a traballar no proxecto aproximadamente 20 persoas, tal e como indicou Roi Ribeira.