‘Mamá, futbolista quero ser’, o documental producido e realizado por Nós Televisión no 2024, coa colaboración do Concello da Coruña, sobre a herculina Irene González Basanta, a que foi a primeira futbolista profesional en cobrar de todo o Estado, está nominado a Mellor Documental do Ano nos Premios Panenka.
O documental foi elixido polo propio equipo da revista organizadora dos Premios entre todos os documentais que se estrearon no Estado español no 2024 . Os proxectos gañadores daranse a coñecer nunha gala o vindeiro 10 de febreiro nos Teatros Luchana de Madrid.
Os Premios Panenka levan organizándose desde hai máis dunha década para enxalzar a cultura futbolística máis alá do campo de xogo.
Aquí podedes consultar a lista de todos os proxectos nominados na categoría de documental.