Luísa Villalta, un piar central neste Día das Letras Galegas 2024

Poesía, teatro, narrativa, ensaio, xornalismo e traducción. Luísa Villalta é unha das autoras máis polifacéticas da literatura galega e a persoa homenaxeada co Día das Letras este ano. Arredor da súa figura, celébranse multitudes de actividades, obradoiros e actos que divulgan non só a súa obra senón a propia literatura e lingua galega.

A súa figura tamén ten sido central en diversos espazos literarios de Nós Televisión ben sexa abordando a súa obra poética ou facendo unha  análise de obra e vida.

Neste 17 de maio, o país tamén se mobiliza en defensa da lingua na convocatoria que impulsa a plataforma Queremos Galego!

Imaxe: Queremos Galego

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego