Home Programas Espazo Aberto “Lingua de namorar 2017” premiou as mellores mensaxes de amor en galego

“Lingua de namorar 2017” premiou as mellores mensaxes de amor en galego

0
“Lingua de namorar 2017” premiou as mellores mensaxes de amor en galego

Xuventude.net deu a coñecer os gañadores e gañadoras da edición 2017 de Lingua de namorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en galego convocado pola Consellería de Cultura e pola Consellería de Política Social, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude. Este concurso está dirixido a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e os 35 anos.

Descata a boa acollida da iniciativa

Diego Arranz, gañador do primeiro premio da categoría B, e Anabel López, á que se lle outorgou unha mención de honra pola súa frescura e denotación pola identidade e lingua propias, manifestaron a súa satisfacción polos premios obtidos.

Cada participante puido enviar un máximo de dúas mensaxes en lingua galega cunha extensión dun límite de 350 caracteres á web Xuventude.net. O xurado do concurso Lingua de namorar 2017 reuniuse o xoves 16 de marzo para escoller as gañadoras de entre as 50 mensaxes máis votadas.