Inacio Vilariño: “Non hai un espazo para o teatro de fantoches para adultos”

Inacio Vilariño é unha persoa estreitamente vinculada ao teatro. Escribe, adapta e representa para a escena textos dramáticos que representa coa compañía Fantoches Baj. Ao seu paso polo programa ‘Saúde e Terra‘ deixou importantes reflexións sobre o teatro de fantoches para adultos, con especial atención a ‘O Asombro’, un espectáculo poético e musical elaborado a partir dos textos do poeta Uxío Novoneyra, e que pretende conmover e achegar a obra dos que consideramos dous dos máis grandes poetas galegos do século XX. Podes ver aquí a entrevista ao completo.

- Publicidade -

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego